lunes, 23 de abril de 2012

Convocatoria de Mesa sectorial de Xustiza.

A DXX remitiunos nota informativa coa convocatoria da Mesa Sectorial de Xustiza para o martes día 24 de abril. Staj non foi convocado, pois a Dirección Xeral, co apoyo do resto de organizacións sindicais, considera que o non habernos presentado as elecciós nas catro provincias galegas, e non obter o 10% dos votos emitidos en Galicia, quedamos no 9`72%, non debemos estar na Mesa, nos consideramos sí  nos teñen que convocar, e seguiremos loitando para que así sexa ante os Tribunais. O que sí vamos a facer mentras esto non se resolve e enviar por escrito para cada Mesa as nosas propostas, a nosa postura con respecto as intencions da Administración e o noso rexeitamento a todo aquelo que nos perxudique como colectivo.
Nesa mesa vanse tratar os seguintes temas: 
1.- Modificación do Cadro de Persoal.
A DXX pretende reducir persoal en tódalas Audiencias Provinciais, en algúns Xulgados do Contencioso, de Instrucción e de Instancia.
2.- Execución da Sentenza de fecha 11/05/11 do TSJ, que regula as substitucións e o seu complemento. 
A semana pasada foi dictado un Auto polo TSJ donde considera nulo o complemento que viñan a cobrar,  o persoal en substitución vertical, para equiparar o soldo o do Corpo a substituir.
3.- Aplicación da Lei 1/12 de medidas temporais para o emprego público en Galicia.
A DXX pretende aplicar esa lei na Administración de Xustiza, que conlevaría a posible reducción da xornada laboral dos interinos, o aumento da xornada a 37,5 horas, a reducción da nómina os primeiros 20 días de baixa e a supresión da acción social.