miércoles, 12 de agosto de 2020

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e certificados CELGA

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Lembramos que os cursos de linguaxe administrativa son equivalentes aos de linguaxe xurídica e son válidos para xustiza. 

Os cursos impartiranse entre outubro de 2020 e maio de 2021, en horario de mañá ou de tarde.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2020, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 5 ata o 15 de xaneiro de 2021, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio). Podes ver os cursos no Anexo I.

O día 21 de agosto publicouse a seguinte correccion de erros en relacion os cursos de Celga a celebrar na CCAA de Galicia.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras