lunes, 10 de febrero de 2020

EGAP: curso medio e superior de linguaxe xurídica galega para persoal que preste servizos fora de Galicia.

HOXE PUBLICOUSE NO DOG A CONVOCATORIA DE DUAS EDICIÓNS DO CURSO MEDIO E UNHA DO CURSO SUPERIOR DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL CON DESTINO FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA.

Modalidade : teleformación.
Horas por curso: 75
Prazas por edición: 25
Datas de realización dos cursos: 26/02/2020 a 26/04/2020.
Data do exame final: 02/05/2020.

Requisitos dos participantes: 
a) Os cursos van dirixido a maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. 

 b) Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, algún dos cursos que a continuación se indican: 

Para optar ao curso superior: 

– O curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 

Para optar ao curso medio: 

– O curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 4.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 

Solicitudes:

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP , non sendo admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil. No prazo de presentación de solicitudes establecido na letra e) desta base as persoas solicitantes deberán achegar por correo electrónico ao enderezo , xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación: 
1. Documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión. 
2. De ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) para os efectos da selección.


O prazo de presentación de solicitudes será de oito días  contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. 

Ver a Resolución no DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.