Modalidade : teleformación e presencial ( solo algunha edición de linguaxe administrativa).
Horas por curso: 75
Horas por curso: 75
Prazas por edición: 25
Datas de realización dos cursos: 26/02/2020 a 26/04/2020.
Data do exame final: 02/05/2020.Requisitos das persoas participantes:
a) Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración
de xustiza de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades
do Sistema universitario galego, que se atopen en situación de servizo activo, permiso por
parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha
fillo/a ou dun/dunha familiar.
Solicitudes:
a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o
formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP ,
e non son admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet
unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de
correo electrónico e un número de teléfono móbil.
b) Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte
ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio
do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
Ver resolución DOG
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.