martes, 28 de enero de 2020

MUGEJU: CAMBIOS NA PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE PRESTACIÓNS COMPLEMENTARIAS

Lembrámosvos que no BOE do día 18 de decembro publicouse a Resolución da MUGEJU do 4 de decembro de 2019 cuxa principal novidade consiste en que establece a tramitación das solicitudes das prestacións complementarias (dentais, de lentes, de  audífonos,  ortoprotésis, etc) durante todo o ano a través da Sede electrónica de MUGEJU (https:// sedemugeju. gob.es)


Aínda que se estableceu unha excepción a esta regra xeral, de maneira que durante os días hábiles/laborables dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro de cada ano natural cabe a presentación en formato papel, é importante lembar que a partir do próximo día 1 de febreiro e ata o 1 de abril seguinte NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES EN FORMATO PAPEL PRESENTADAS FÓRA DESES PERÍODOS, e que nin os Servizos Centrais de  MUGEJU nin as Delegacións Provinciais están autorizados a recoller ou recibir ningún formulario en papel, nin a darlle curso.

Podes atopar máis información na páxina da  Mutualidad (http://www.mugeju.es).

Video demostración: Prestaciones complementarias online


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.