lunes, 26 de agosto de 2019

Novo edificio xudicial da Parda:a inauguración será o vindeiro 3 de setembro



"Noticia publicada en pontevedraviva.com"




O novo edificio xudicial de Pontevedra, situado á beira do actual inmoble dos xulgados da Parda, xa ten data para a súa inauguración. Está previsto que sexa o próximo martes 3 de setembro nas instalacións da rúa  Hortas ás 11.00 horas. 
Os novos xulgados, orzados en 21 millóns de euros e que empezaron a construirse en agosto do 2016, pensáronse para cubrir as necesidades xudiciais do partido xudicial de Pontevedra durante as próximas décadas
Durante os tres últimos anos construíuse un edificio cunha superficie de 21.000 metros cadrados e capacidade para 28 unidades xudiciais. Inicialmente, o prazo de execución da obra expúxose de 21 meses, pero as dificultades técnicas atopadas na fase de cimentación obrigaron a establecer un novo calendario para o proxecto. Finalmente, as obras déronse por terminadas
O novo inmoble, que estes días encara xa a recta final, está conectado co edificio xudicial actual a través dunha pasarela acristalada de 40 metros e conta con 18 salas de vistas con luz natural e boa acústica, cunha gran sala para celebración de vodas e con xardíns tanto no interior como no exterior, onde haberá tres novas prazas públicas.
O edificio recentemente construído permitirá poñer fin aos problemas de amontoamento que sofren na actualidade os xulgados pontevedreses e unha mellora do servizo aos cidadáns.

Preme aquí para acceder á noticia

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.