martes, 6 de agosto de 2019

Informacións sobre os procesos selectivos na Admón de Xustiza.

XESTIÓN P.A. E TRAMITACIÓN P.A. (PROMOCIÓN INTERNA)
O Ministerio informounos de que nesta semana sairá no BOE/BOE publicado a listaxe definitiva de admitidos, xa que foron saíndo estas listaxes progresivamente en aras a poder celebrar os procesos selectivos en xuño, e aínda falta a lista definitiva total. Posteriormente, ao día seguinte ou no prazo máximo de 48 horas, o Ministerio publicará as notas provisionais de ambos os procesos.

TRAMITACIÓN P.A. E XESTIÓN P.A. (QUENDA LIBRE) Convocatoria Tramitación Procesual: O Ministerio de Xustiza informa que sairá publicada a convocatoria a finais de agosto (posiblemente o día 31) pero non confirma data. Pode mesmo atrasarse aos primeiros días de setembro.

Datas de exames de Xestión Procesual e Administrativa (quenda libre): Segunda quincena de outubro, probablemente a fin de semana do 26-27.
Datas de exames de Tramitación Procesual e Administrativa (quenda libre): Posiblemente no mes de novembro, apuntando á segunda quincena, descoñecendo neste momento máis datos.


LEMBRAMOS QUE SE TRATA DUNHA DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS DO MINISTERIO, que é posible que non se axuste a realidade, pero esperamos que non xurdan novos atrasos e se cumpla con este calendario

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.