jueves, 9 de mayo de 2019

STAJ gana en Canarias a primeira sentenza a nivel nacional que recoñece o pago de totalidade da paga extra no caso de substitución vertical.

A semana pasada STAJ Canarias acadou unha sentenza que recoñece que no caso de substitución vertical débese retribuir no concepto paga extraordinaria a cantidade correspondente ao corpo no que se substitue e non, como se fai tamén en Galicia, pagar solo a cantidade correspondente a paga extraordinaria do corpo ao que se pertence.

Ata agora, en Canarias o mesmo que en Galicia e no resto do Estado, solo se pagaba no concepto de paga extraordinaria ( soldo- trienios e contía adicional) o correpondente ao corpo inferior, cousa  que o tribunal considera unha discriminación con respeto de titulares e interinos, que nas substitucións verticais non se abone a cantidade correspondente ao corpo no que substitues.

STAJ Galicia xa remitiu solicitude a Dirección Xeral, adxuntando a sentenza, para que pague a partires de agora esa diferenza na paga extraordinaria, con efectos retroactivos de 4 anos, tal como determina a normativa, e evite así unha avalancha e demandas.

E o mesmo tempo xa iniciamos o procedemento para acadar en Galicia unha sentenza  que recoñeza o cobro da totalidade das cantidades do concepto retributivo paga extraordinaria do corpo superior, no caso de substitución vertical.

Contactade cos nosos delegados/as para mais información e a posibilidade de reclamación no voso caso concreto.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.