jueves, 22 de noviembre de 2018

Reunión onte no Ministerio pola reforma da LOPX.

Onte ás 16:30, STAJ, e os outros Sindicatos con representación a nivel nacional, asistimos á reunión convoacada de urxencia polo Ministerio de Xustiza, en concreto a reunión foi co xefe de Gabinete da Ministra. 
Explicousenos que o Goberno, a través do Grupo Socialista no Senado, presentou as enmendas, a modificación da LOPX, que recollen a eliminación da reforma dos artigo 521 que se refire aos centros de destino e a posibilidade de que  a Admón nos mova ó seu antoxo, pero non a eliminación dos demáis artigos que recortan os nosos dereitos.

Informounos que o Goberno e o Grupo Socialista non ten máis recorrido neste tramite parlamentar, que agora, despois de que Unidos Podemos e outros grupos presentasen unhas enmendas que sí recollen tódalas nosas revindicaccións, e anunciase o seu voto favorable, a pelota esta no tellado do Grupo Popular que ten a maioría na Camara. O Grupo Popular tamén presentou enmendas pero ningunha referidas as nosas reivindicacións, só atinxen ao CXPX, e ao día de hoxe non coñecemos o sentido do seu voto respeto da nosa problematica.

Polo que soupemos o día 4 de decembro vótase en Comisión as enmendas, e ata ese día haberá negociacións entre os Partidos, por iso non debemos baixar a presión sobre os políticos, nin rematar coas mobilizacións, aínda que recoñecemos avances, queda moito cara a solución definitiva, non está todo feito. Despois esas enmendas aprobadas polo Pleno do Senado deben voltar ao Congreso para ser apobadas, ou non,  por maioria simple. Se non se aprobasen no Senado, o Congreso no podería facer xa nada ao respeto. 

En definitiva, desde STAJ consideramos que baixar agora a presión sobre os partidos políticos, en cuxas mans estamos, SERÍA UN GRAVE ERRO.

Por iso, STAJ continúa os contactos con todos os Grupos Parlamentarios, E MANTÉN as MOBILIZACIÓNS, QUE NECESARIAMENTE DESENVOLVERANSE NOS PRÓXIMOS DÍAS, pois apenas queda marxe para lograr a definitiva marcha atrás a esta agresión aos nosos dereitos laborais.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.