domingo, 25 de febrero de 2018

Todos xuntos nunha única voz polas rúas de Santiago!!!

Onte, dia 24 de febreiro, formará parte da historia dos funcionarios da xustiza galega porque todos xuntos gritaron alto, claro e forte que loitaran e resistiran o que sexa necesario para deixar de estar discriminados laboralmente na xustiza galega. Esta manifestación multitudinaria reivindicando os nosos dereitos ante toda a sociedade intoxicada polas mentiras vertidas pola propia administración refórzanos para seguir loitando contra a prepotencia daqueles que non queren negociar e que mostran un total desprezo polos problemas que eles mesmos xeneran aos traballadores e usuarios da xustiza. Se non queren escoitarnos nunha negociación real, sen andrómenas nin mentiras, se non asumen a súa mala xestión neste conflito que eles mesmos provocaron pola súa prepotencia e tozudez, onte deixámoslles ben claro que ... resistiremos todo o que faga falta ata que sexamos atendidos nunha negociación real e meridianamente clara con interlocutores capaces de chegar a unha solución satisfactoria para todos. Os traballadores poñemos sobre a mesa unhas peticións que cremos xustas pero a administración lonxe de tentar negocialas, limítase a utilizar todos os medios ao seu alcance para demonizar a este colectivo que leva dando de si todo o que pode e mais. XA ESTA BEN!! Só darvos as grazas unha vez mais por todo o voso apoio e por acudir cos vosos fillos, nalgúns casos, a gritarlle alto e forte aos nosos nefastos interlocutores o sentir unánime de que QUEREMOS NEGOCIAR POLOS nosos DEREITOS e que mentres iso non suceda... RESISTIREMOS!,.
Por último, dicirvos que a vosa presenza contestou con fartura á maledicencia publicada estes días por algúns medios e que partindo dun toque de humor do gran Forges, se pode resumir asi:

o





E desde a mesma praza da Quintana:





E pechamos co mesmo toque de humor