Publicados novos avisos de desocupación de
postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre
titulares con data 27 de marzo de 2017.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución
vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora,
poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos
xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente
servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións
verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os
criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir
postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes
ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións
presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás
substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas
ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha
das prazas, será a que recollida na solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode
consultarse no documento Avisos de desocupación