lunes, 6 de febrero de 2017

Novas sobre a apertura dos novos xulgados.

O presidente da Xunta, acordou co ministro de Xustiza, Rafael Catalá, pechar neste primeiro trimestre do ano o calendario para a apertura en 2017 das cinco novas unidades xudiciais en Galicia: un xulgado do Social na Coruña, un xulgado de Primeira Instancia en Ourense, un xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia en Vigo, unha praza de maxistrado na sección Penal da Audiencia Provincial da Coruña e unha praza de maxistrado na sala do Civil e do Penal do TSXG. “O prioritario neste momento é que os cinco xulgados autorizados se poidan ir abrindo e estean funcionando durante este 2017”, aseverou Feijóo.
Así mesmo, o encontro serviu segundo explicou o titular do Goberno galego, para avaliar, en liñas xerais, cales son as previsións que manexa o Executivo central para este ano no relativo ás futuras unidades xudiciais que se poderían constituír a maiores en Galicia. E, sobre este punto, ambos os dous mandatarios avaliaron a posibilidade de crear xulgados específicos para concentrar neles as demandas polas cláusulas chan das hipotecas, de tal xeito que asuman os casos que non resolva a mediación e evitar así que se saturen o resto dos xulgados. 

Xustiza.gal