jueves, 25 de agosto de 2016

Cursos na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

No DOG de hoxe publícanse dúas resolucións polas que se convocan diversos cursos dirixidos a persoal  ao servizo da Administración de xustiza, xuristas, profesionais, docentes, universitarios e persoas interesadas en xeral.

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se convoca o III Foro de emprego público Temas de actualidade: tendencias e perspectivas poscrise, desenvolvemento autonómico, a negociación colectiva, o directivo público profesional e instrumentos de mellora na xestión de e para as persoas.

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se convoca a xornada titulada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro.