jueves, 14 de abril de 2016

Oposicións, publicación no BOE das listas definitivas, datas e lugares de examen.

O Ministerio acabamnos de confirmar que as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo de ingreso por promoción interna, dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa e Tramitación Procesual e Administrativa, publicaranse no BOE de mañá, venres 15 de abril de 2016.

Publicaranse ademáis as datas dos exames de ingreso en ambolos corpos, confirmandose as coñecidas dende hai tempo.

Tamén se publicaran os lugares de exame de todolos ámbitos territoriais.

Lembramos a datas de examen:

TRAMITACIÓN, PROMOCIÓN INTERNA: 23 DE ABRIL (SÁBADO)

XESTIÓN, PROMOCIÓN INTERNA: 24 DE ABRIL (DOMINGO)