viernes, 29 de abril de 2016

NÓMINA DE ABRIL E PAGA EXTRA.

Onte chegounos a nómina no correo electrónico, e nela figuran dúas cantidades como devolución da paga extra do 2012, unha como devolución da paga extraordinaria e outra como devoluvión da paga adicional.

En  principio visto algunas nóminas dos compañeiros parece que estan ben as cantidades que se reflexan, pero si o queremos comprobar solo debemos entrar no CIXTEC e mirar a nómina de xuño de 2012, esta dúas cantidades que cobramos deberían ser unha cuarta parte da suma da paga extra e paga adicional que cobramos daquela.

Tamen cobraron unha parte da paga adicional de 2012, aqueles compañeiros que gañaron unha Sentenza ou un Auto de extensión de efectos en Ourense, pois nesas resolución xudiciais non se recoñecía toda a paga adicional, e a Xunta neste pago e máis no de setembro vailles pagar todo o que lles faltaba.

Tal como solicitamos desde STAJ, nesta nómina correxiron os grupos de cada Corpo que figuran o lado do concepto de trienios, os grupos correctos son os siguintes:   
Xestión A2  -   Oficial B  -   Tramitación C1   -   Auxiliar C2  -   Auxilio Xudicial C2   -    Axente Xudicial E .