jueves, 27 de noviembre de 2014

Alegacións o borrador do Decreto que implanta a NOX en Galicia, en concreto o Servizo Común Procesal Xeral.

O Decreto considera servizos comúns procesuais xerais os que asumen funcións de rexistro e repartición, de información e asistencia ás vítimas e atención á cidadanía e profesionais, de actos de comunicación e execución, de arquivo e depósito de efectos, de auxilio xudicial e outras funcións auxiliares e de apoio.
Este Servizo Común Procesal se vai implantar como experiencia piloto na cidade de Pontevedra, e despois, tamén de xeito experimental, o resto dos Servizos da Nova Oficina Xudicial.
Entendemos que a implantación en Pontevedra dunha pequeña parte da chamada Nova Oficina Xudicial durante o ano 2015, obedece máis a unha estratexia de propaganda electoralista, que a unha vontade real de solucionar os problemas da Xustiza. Temos que ter en conta que Pontevedra conta con tres sedes xudiciais separadas unhas das outras, o que vai a dificultar a interrelación entre os órganos esparcidos pola localidade, e consideramos de suma importancia que a implantación da Nova Oficina Xudicial non se leve a cabo nesta cidade ata ter o novo edificio xudicial rematado.
-Cremos necesaria a división do Servizo Común Procesual Xeral en Seccións, e éstas nos Equipos correspondentes. Propoñemos a división nas siguiente Seccións:      
- Rexistro de Entrada e Repartición
- Actos de Comunicación e Execución.
- Información e Asistencia as Vitimas e a Cidadania,.
- Funcións Auxiliares da Oficina Xudicial.
- Depósito de Efectos e Arquivo de Xestión.
- Arquivo Territorial.

-Cremos necesario que ademáis do Secretario Director do Servizo Común exista polo menos un Secretario en cada  Sección de Rexistro de Entrada e Repartición,  na de actos de Comunicación e Execución, na de Depósito de Efectos e Arquivo de Xestión e na Arquivo Territorial, pois hai funcións que se lle otorgan a estas Seccións que solo poden ser desempeñadas por integrantes do Corpo de Secretarios Xudiciais.
-Para unha maior concreción das función deberíase eliminar a expresión     “ Calquera outra función análoga ás anteriores”.
-Co gallo de que non haxa traslado forzoso de persoal, debe garantirse que ninguén vai a ser obrigado a deixar o posto de trabalo que actualmente ocupa, que a movilidade do persoal vai a ser a última opción, sempre de xeito voluntario, e nunca fora da localidade, débense manter as plantillas actuáis.
-Débese garantir non solo as retribucións Complementarias fixas, que xa estan recollido no borrador do Decreto, senon tamén as retribucións por servizos de garda e outras de carácter extraordinario, así como a maior cantidade que se cobra no CAT nos SCNE, para o caso do persoal que poida deixar de cobralas cando se faga o proceso de acoplamento.
-As RPTs deben contemplar de forma clara, e sin que haxa lugar a dúbidas, as funcións exactas de cada posta de traballo.
-Na Sección de Actos de Comunicación, débese regular unha quenda semanal (de xeito voluntario e retribuido)  que conte polo menos con dúas persoas de esa Sección, para a realización de Actos de Comunicación pola tarde e no fin de semana.
-Consideramos que o persoal do Corpo de Auxilio que nestes momentos ten o posto de traballo nun Xulgado, debe seguir nese posto ata que a implantación da Nova Oficina Xudicial chegue a fase de transformación dos xulgados en UPADs.
Deixamos o borrador do Decreto e as nosas alegacións completas.
Borrador do Decreto
Alegacións de STAJ