O pasado 3 de febreiro en mesa sectorial, o Director Xeral comprometeuse coas OO.SS a enviarnos o borrador do teletraballo antes de que finalizase o mes, co obxectivo de empezar a negociación e posterior aprobación da normativa. Pois ben, sendo hoxe o último día laborable de febreiro non se nos remitiu nada. É importante indicar que non se trata dunha revisión para mellorar o que xa temos, se non, proceder a aprobar a normativa que nos permita recuperar o teletraballo para os funcionarios de xustiza en Galicia.
Ante esta situación, desde STAJ remitimos correo electrónico á DXX lembrando o compromiso adquirido desde a DXX e lembrándolle a importancia e urxencia de aprobar a normativa canto antes.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras