Ata agora, tiñanse ditado algunhas sentenzas de Xulgados do Contencioso-administrativo e incluso dalgún Tribunal Superior de Xustiza que permitían que un funcionario que non podía facer unha garda por estar de baixa por IT cobrara a garda igualmente. Incluso en algún ámbito territorial, como na Comunidade Valenciana, a administración xa pagaba de oficio as gardas nestes casos, despois de ter perdido numerosas sentenzas.
En outras administracións distintas a Xustiza (sanidade, policía local...) tamén permitiu o Supremo o cobro de gardas ou prestacións similares en situación de IT
Esta posibilidade acaba de pecharse para os funcionarios de xustiza, coa recente sentenza do Tribunal Supremo, que resolveu en casación un recurso fronte unha sentenza do TSX de Murcia, e que fixou doctrina na que di claramente que non se ten dereito a cobrar as gardas cando non se fan por estar en situación de vacacións, permisos ou licenzas.
En Galicia, temos unha sentenza favorable do TSX, pero que non é firme porque a Xunta recurriu en casación. De ser admitido o recurso da Xunta, previsiblemente o Supremo resolva de igual forma que nesta recente sentenza.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras