martes, 30 de diciembre de 2025

Plan de formación continua da EGAP para o ano 2026

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2026.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).

Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.







VER DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras