martes, 23 de diciembre de 2025

Implantación Fase III: reunión informativa coa Dirección Xeral

Acabamos de rematar a reunión informativa coa Dirección Xeral de Xustiza, o que nos transmitiu o Director Xeral é o seguinte: 

- Onte na conferencia sectorial co Ministerio, non se acordou o aprazamento da implantación (a excepción de Asturias) pero sí se acordou unha implantación gradual ata o 31 de marzo de 2025 no resto de CCAA, incluida Galicia. 

- Nos vindeiros días remitirannos un cronograma coas 4 fases que queren levar a cabo para a implantación. A AMTEGA debe asegurar que  o 31.12.2025 o Xulgado de Garda e Rexistro e reparto teñan acceso aos novos módulos e se concedan permisos para as persoas que previamente non o tiñan polo cambio na xurisdicción: para LAJ que cambien de xurisdicción, persoal reordenado ou reasignado que cambie de xurisdicción, Xulgados de garda e xulgados de violencia, así como a identificación do persoal de auxilio con acceso ás distintas salas, funcións de garda e de rexistro e reparto. 

- O resto de Areas e servizos xerais, irán incluidas en fases sucesivas: 2ª fase: resto de instrucción , familia, SCAC, LAJ; 3ª fase: Areas do Tribunal de Instancia e 4ª fase: Audiencias provinciais e TSXG. Debemos esperar ao cronograma e á remisión por parte de cada Coordinador das persoas que ocuparán funcionalmente cada posto.

- OURENSE: como xa se sabe, en Ourense non se levan estes ritmos pausados e xa están identificados os grupos funcionais con nome e apelidos así como as plantas nas que cada persoal vai ocupar o seu posto de traballo. Será a referencia para o resto de provincias para que o poidan facer mellor do que se está a facer, por exemplo na adxudicación de espacios aos funcionarios/as sen criterios coñecidos, e con formas cuestionables ante a mínima crítica a algo; o que dificulta a confianza no modelo e fai difícil ao persoal de Ourense que o cambio se asuma con certo optimismo; unha mágoa e esperamos que a lo menos noutras provincias, se faga mellor.

- O Director Xeral comentou que se podía ir máis despacio en Ourense ante o resultado da reunión mantida onte e que non era necesario empezar a facer os traslados o día 26. Que se lle trasladou ao Coordinador neste sentido e que non sabe se ante o resultado da Mesa sectorial celebrada onte, o Coordinador retrasará as datas de traslado que comezará o día 26 previsto no expediente gubernativo 79/25. Onte dirixiuse oficio pola Xunta de persoal de Ourense ao Secretario de Goberno neste sentido.

- Solicitouse á Dirección Xeral que se contratara un servizo para a mudanza de caixas con expedientes que se iba a facer en Ourense. O Director Xeral contestou que iba a examinar o volumen das mesmas e valorar a contratación dun servizo de mudanzas en caso de ser excesivo. 

- Con respecto á dotación dos Xulgados de Violencia sobre a muller nos que hai vacantes sen cubrir, a Subdirectora dixo que non sabía a modalidade de cobertura pero que en ningún caso iba a ser antes do día 2 de xaneiro. Con respecto á comarcalización de Ourense e Santiago, comentou o Director Xeral que todo dependía do acordado por Maxistrados, Xuices e Fiscais e que non sabe nada máis a día de hoxe.

- Non hai data para a implantación de Atenea.

- RETRIBUCIÓNS: tanto os atrasos do 2,5% (correspondente a 2025) como a subida do 4% máis os 90 euros do Complemento Específico abonaranse en xaneiro. Probablemente os atrasos do 2,5% abonaranse nunha nómina independendiente arredor do día 15 de xaneiro. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras