Publicouse na intranet a noticia relativa aos primeiros cambios tecnolóxicos derivados da implantación da NUMO nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra - fase 3
Iníciase a primeira fase de cambios tecnolóxicos derivados da implantación da NUMO nos partidos xudiciais da fase III. Durante a tarde do 30 de decembro, a partir das 15:00 h, levaranse a cabo:
- Os cambios de denominación dos órganos xudiciais en todos os sistemas da Administración xudicial electrónica e nos directorios públicos, para que estean dispoñibles o día 31 de decembro e axustados coa nova descrición da LO 1/2025.
- O cambio de nome das contas de correo electrónico dos antigos xulgados de instancia e a creación das contas de correo das prazas de nova creación, de modo que todas as prazas dispoñan dun correo coa mesma estrutura: seccionpraza.partidoxudicial@xustiza.gal. O resto das prazas manterán as súas contas de correo sen cambios, continuando coa estrutura xa existente.
IMPORTANTE: As contas de correo nas que se realiza un cambio de nome continuarán funcionando con normalidade, mantendo todo o histórico de mensaxes e as credenciais de acceso. O que cambia é o nome do remitente que aparece nos correos; a conta de correo orixinal seguirá activa e operativa.
- Todas as xestións relacionadas coa aplicación de cambios derivados da NUMO —traslados, altas de contas de correo, etc.— realizaranse de oficio, polo que non será necesario presentar a petición a través de Axudot.
Actualización de denominacións de órganos xudiciais e xestión do período inhábil
- A partir do 30/12, os documentos xerados incluirán nas cabeceiras as novas denominacións de seccións e prazas conforme á LO 1/2025.
- Os documentos e notificacións xerados entre o 24/12 e o 30/12, programados para enviarse a partir do 07/01 (cando finaliza o período inhábil), manterán a denominación anterior nas súas cabeceiras, polo que debes ter en conta que, nestes casos, chegarán aos destinatarios coa denominación do xulgado que correspondía no momento da elaboración e sinatura do documento, antes de que se producira o cambio.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras