miércoles, 12 de noviembre de 2025

Traxectoria profesional, ampliación de vacacións e modificación de normas: convocatoria de mesa sectorial

 A DXX acaba de remitirnos a orde do día dos temas a tratar para a  mesa sectorial de xustiza  que terá o vindeiro martes, dia 18 de novembro. 

 1.            Proposta de convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Decisorio.

No borrador remitido apreciamos cambios con respecto á anterior normativa, reducindo o prazo a 3 anos e non a 4 con unhas porcentaxes de cobro do 33%, 66% ata chegar ao  100% no 2027 ou 2028 dependendo do grao ao que se acceda ou o corpo. Tamén se reduce o número de horas de 100 a 40 no grao III. 


3.           Proposta de ampliación do período de vacacións e permisos. Decisorio.

O borrador propón a ampliación do disfrute das vacacións e días de asuntos propios ata o 31 de marzo de 2026 para todo o persoal destinado nas cidades de A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Santiago, Vigo e Ferrol (fase III). 

No borrador, esta ampliación non se aplica ao persoal con destino nas vilas afectadas pola implantación da fase I e ao  persoal  xulgados de paz que estén afectados pola implantación dos tribunais de instancia da Fase III. 


4.           Proposta de adaptación da normativa á nova estrutura xudicial. Informativo.

Pendiente do seu estudio pormenorizado, algunhas das reformas que se propoñen son as seguintes: 

1. Actualización da normativa que regula o Complemento de Violencia sobre a Muller

A normativa proposta para reformar sería de aplicacións ao persoal destinado nos seguintes servizos comúns: 

a. Servizo común que corresponda en localidades con Tribunais de Instancia con seccións
de violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.

b. Servizo común que corresponda en localidades con Tribunais de Instancia con seccións de instrución con especialización en violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.

c. Servizo común de tramitación do Tribunal de Instancia dos partidos xudiciais da Fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. O persoal funcionario que poderá recibir este complemento será o persoal que desenvolva as súas funcións dentro do grupo de penal (procedemento penal, procedemento e execución penal e/ou execución civil e penal), de conformidade co disposto no correspondente protocolo de actuación, quedando en todo caso supeditado aos límites establecidos no Anexo I. Neste caso será precisa a certificación da dirección do servizo común de tramitación en relación á composición do grupo funcional correspondente.

 Retribución económica proposta para todo o persoal anterior: 

a. 115,83 €/mes
b. 86,89 €/mes
c. 57,92 €/mes


2. Normativa sobre comisións de servizo e substitucións.

Farase noticia aparte coas modificacións propostas. Deixamos aquí o borrador remitido de ambas  normativas.




3. Normativa de quendas das oficinas de Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra

Algunha das propostas son as seguintes, entre outras, das que unha vez analizado o texto, informaremos máis en detalle:

Número de funcionarios/as do servizo en xornada vespertina de luns a venres e sábados pola mañá: 
A Coruña 3
Vigo 3
Ferrol 2
Santiago de Compostela 2
Lugo 2
Ourense 2
Pontevedra 2

O número máximo de integrantes das quendas corresponderá co número de persoas que
integren o cadro de persoal das oficinas xerais do rexistro civil da Coruña, Vigo, Santiago
de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Artigo 3.-Xornada e horario incentivado

A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as
9.00 e as 14.30 horas de luns a venres, debendo cumprir ademais sete horas e media
semanais que se prestarán, en quendas, de luns a venres de 14.30 a 18.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.


5.         Rogos e Preguntas.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras