No DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a contar dende mañá.
Unha vez publicada a listaxe de persoas seleccionadas, abrirase un novo prazo de 5 días para o pago da taxa (16,92 euros)
A esta convocatoria pode concorrer calquera persoa maior de 16 anos, non é específica para funcionarios.
Accede á resolución completa aquí.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras