A Dirección Xeral informounos de que teñen previsto que o persoal que se vaia xubilar ata o día 31 de decembro de 2025 non participe na reorganización.
Non tería sentido que as persoas que se vaian xubilar antes de que entre en funcionamento o Tribunal de Instancia se lles asigne unha RPT e se lles asigne un centro de destino no que nunca van desempeñar funcións.
Isto significa que esas prazas, ao efecto do acoplamento, vanse considerar vacantes, o que é favorable para o persoal do mesmo órgano das persoas que se xubilan, porque supón unha praza máis para confirmarse ou reordenarse.
A resposta foi a seguinte:
“Na fase I as persoas que se xubilaron antes do 1.07.2025 non participaron no proceso de reorganización. En relación á fase III a previsión é que tampouco participen as persoas que se xubilan antes do 31.12.2025. No momento de facer as confirmacións se analizará a situación das posibles persoas afectadas.”
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras