Coa próxima transformación dun Maxistrado de Instrución en Vigo e outro en A Coruña en Maxistrados de Violencia sobre a Muller, como informabamos nunha anterior noticia, os xuices que pasarán a levar instrución nestas cidades pasarán a ser sete, en lugar dos oito que levan esta materia na actualidade. Esta reforma coincide coa entrada en funcionamento do Tribunal de Instancia nestas cidades.
Como sabedes, para que fagan gardas de LEIS, segundo a normativa actual son necesarios oito xulgados de instrución na localidade. Coa entrada en funcionamento dos Tribunais de Instancia, en todas as localidades pasará a haber un único tribunal de instancia, polo que se debería cambiar a norma relativa ás gardas que distingue segundo número de xulgados.
Sen embargo, ante o risco de que o Ministerio ou o CGPJ pretendan asimilar o requisito de 8 xulgados a 8 xuíces, dende STAJ presentamos escrito ante o Ministerio de Xustiza e ante o CGPJ para solicitar que se manteñan as gardas de LEIS.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras