Dende STAJ, ante as dúbidas que nos trasladaron algúns compañeiros que actualmente están ocupando prazas en substitución co concurso de traslados e a próxima implantación dos Tribunais de Instancia nos actuais Xulgados de primeira instancia e instrucción dos pobos e nos actuais xulgados de paz.
Realizada a consulta á Dirección Xeral de Xustiza, infórmanos do seguinte:
Manteranse na sustitución sempre e cando non cambie o motivo que orixinou a súa concesión.
Por exemplo, se a praza era vacante e continúa vacante despois da resolución do concurso de traslados.
No caso de cubrir a un titular que se vai por concurso deberán cesar por cambiar por cambio de motivo.
Recordamos o que di a instrucción sobre os ceses no concurso de traslados:
O persoal funcionario titular que non obtivo praza no concurso e que está desempeñando
unha substitución ou comisión de servizos en órganos desta comunidade autónoma nunha
praza que non foi adxudicada no concurso, poderá continuar na substitución ou comisión de
servizos. Así mesmo, poderá continuar na substitución ou comisión de servizos no caso de que
a praza fose adxudicada pero o seu titular non se incorpore efectivamente, en tanto dure a
dita situación.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras