martes, 10 de junio de 2025

Mesa sectorial Xustiza. Tribunais de Instancia fase 3

No día de hoxe celebrouse a segunda mesa sectorial para a negociación entre as organizacions sindicais e a DXX a implantación dos Tribunais de Instancia da fase 3 (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo).

A orde do día era a seguinte:

1.         Aprobación da acta da sesión anterior.

2.         Propostas de RPT da Fase III.

3.         Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.

4.         Rogos e preguntas.


- En canto ás RPTs
Dende STAJ manifestamos que consideramos que non se está a producir unha negociación real, porque a DXX non está a informar dos datos que manexa e os criterios que motivan as súas propostas.
Varias organizacións sindicais esiximos que nos envíen eses datos e solicitamos a suspensión da mesa ata que dispoñamos deses datos. A DXX comprométese a enviarnos a documentación da que dispón.
En principio non van crear equipos nas cidades. Valórano en Ferrol porque non teñen áreas.

- En canto á reorganización
No borrador proposto pola DXX, igual que no que se aprobou para os Xulgados da fase I, a DXX establece que para a fase de confirmación terán preferencia para confirmarse os funcionarios segundo a súa antigüidade no posto actual. Na fase de reordenación, a DXX explica que centro de destino a efectos de reordenación de efectivos é a antigüidade na orde xurisdiccional concreta na localidade.
Non van deixar que os interinos escollan posto, pero están abertos a que se establezan criterios para determinar onde van ir as vacantes.

- En rogos e preguntas a DXX manifestou que aos xestores en adscripción provisional que non obtiveron praza neste último concurso, lles van asignar unha praza na provincia e que, seguramente en todos os casos poida ser unha praza na mesma localidade.

- Hasta o 7 de xullo van ir facendo nos pobos as implantacións tecnolóxicas necesarias para a transformación en Tribunais de Instancia. Nas oficinas xudiciais municipais farano no mes de setembro.

Quedamos convocados para outra mesa a próxima semana para seguir a tratar sobre as RPTs

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras