Os obxectivos do curso son dotar as persoas participantes dos coñecementos e as habilidades necesarias para conceptualizar un proceso de planificación estratéxica nunha organización pública.
Persoas destinatarias:
Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
a) Grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario.
b) Grupos I ou II do persoal laboral.
Desenvolvemento:
1. Modalidade de impartición: presencial.
2. Datas de desenvolvemento: 26 e 27 de xuño de 2025.
3. Horarios: de mañá e tarde o día 26 de xuño, e só de mañá o día 27 de xuño.
4. Lugar de desenvolvemento: Escola Galega de Administración Pública; rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
5. Horas lectivas: terá unha carga lectiva de trinta (30) horas (12 horas lectivas presenciais e 18 horas non presenciais de traballo autónomo do alumnado).
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 22 de xuño de 2025.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras