Saíu publicada na web da Conselleria de Xustiza a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo, en substitucions entre titulares persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 26/02/2025.
Accede aquí á resolución completa.
Ademáis, saíu tamén publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras