Dende MUGEJU nos informan de que aínda quedan moitos compañeiros que ata agora tiñan a asistencia sanitaria con SANITAS, MAPFRE ou DKV que non solicitaron o cambio de entidade médica.
Recordamos que é moi importante que as persoas que tiñan a asistencia sanitaria prestada por SANITAS, MAPFRE ou DKV soliciten o cambio de entidade antes do 31 de xaneiro de 2025, xa sexa para a Seguridade Social ou para Adeslas, Asisa ou Nueva Mutua Sanitaria.
O cambio realízase na sede electrónica de MUGEJU de xeito moi rápido e sinxelo:
Accedendo no enlace anterior:
1.- selecciónase a lapela "Online" e púlsase "iniciar trámite".
2.- En "Tipo de cambio de entidad médica" selecciónase "Cambio ordinario de entidad médica (enero)"
3.- Se escolle no desplegable a entidade á que se quere cambiar
4.- Márcase o recadro de "Declaro que los datos consignados son ciertos"
5.- Púlsase o botón "siguiente"
Ao rematar xenérase un xustificante, que tamén chega ao email.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras