jueves, 11 de julio de 2024

Substitucións entre titulares: Adxudicacións e novos avisos de desocupación

Hoxe publícase, tanto en intranet coma na páxina web da Consellería Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución convocada o día 05.07.2024.
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.


Tamén saíu publicada na intranet e na web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

PRAZO DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web opax.xunta.es

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras