JOSÉ LUIS BUJÁN
MOSTEIRO, en calidade de delegado sindical do sindicato de Traballadores/as da Administración de
xustiza (STAJ) pola provincia
de Lugo.
Dende o xulgado
de Primeira Instancia
e Instrucción no 1
de Monforte de Lemos pediuse
persoal de reforzó
en numerosas ocasións pola Letrada da Administración de
Xustiza de dito xulgado, petición que
é apoiada por este sindicato (tamén en varias ocasións) sabedor da necesidade dunha persoa do corpo de xestión procesual
e administrativa, xa que este
órgano leva o Decanato, polo que lle
corresponde tamén o rexistro e reparto de asuntos, así como Violencia de Xénero, e motivado pola gran
carga de traballo que soporta, a
elevada pendencia ademáis de que o
volumen de asuntos que entran neste
xulgado vai en aumento e tendo en conta que dito Xulgado ten un funcionari@ menos que o Xulgado de 1ª Instancia
e Instrucción n° 2 de Monforte de
Lemos con menor carga de traballo, faise indispensable un funcionari@ de reforzó para este xulgado, dada a gravísima situación que atravesa
dito xulgado en materia de persoal.
Por todo isto
SOLICITAMOS que se dote
ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nO 1 de
Monforte de Lemos con carácter urxente dun/una funcionario/a de reforzo do
corpo de xestión procesual e administrativa,
ou no seu defecto un funcionari@ do corpo de tramitación procesual e administrativa e que se consolide dito reforzo, xa que como dixemos
anteriormente, e un órgano que conta con Decanato e Violencia de
Xénero, sendo insuficiente a plantilla da que se dispón actualmente.
Lugo, a 15 de xullo de 2024
Ver xustificante de presentación