Elimínase o control das bolsas polos sindicatos mediante a desaparición das Comisións de seguimento nas delegacións provincias e a Comisión Paritaria no seo da Dirección Xeral.
Elimínase a bolsa de reserva a de baremados, parece que solo queda unha bolsa ( bolsa única) sen especificar o número de integrantes de cada unha delas.
Si se esgotan as bolsas, afreceráselles a posibilidade de aceptar as prazas aos integrantes da bolsa superior e subsidiariamente aos da bolsa inferior desa mesma provincia que cumplan os requistos.
Se non hai, ou non aceptan esas prazas as persoas das bolsas superior ou inferior, ofreceráselle as prazas ao integrantes das bolsas do mesmo corpo doutras provincias. Se nn se cubrisen polos procesos anteriores se poden ofrecer esas prazas aos integrantes das bolsas superior e inferior doutras provincias. Por último acudirase ao Servizo Público de Emprego.
Non se puntúan os cursos de formación nin de informática.
Abrirase periodicamente un prazo para a presentación de solicitudes de incorporación de novas persoas as bolsas, e tamén para a actualización dos méritos das persoas xa integrantes da mesmas.
Podese limitar esta nova a apertura de solicitudes e actualización de méritos, cando haxa listas moi saturadas por falta de nomeamentos ou haxa un grande número de inscritos nunha bolsa, solo a persoas que superasen probas no último proceso selectivo ou xa teña prestado servizos no corpo do que se trate.
Nese periodo de apertura e actualización de méritos se pode solicitar o cambio de zona de preferencia e de bolsa provincial do mesmo corpo.
Nese mesmo periodo as persoas integrantes das bolsa que queiran formar parte das bolsas doutro corpo deberán presentar unha solcitude de incorporación ao novo corpo. Sendo excluida da lista do corpo anterior unha vez admitida e publicadas as novas listaxes que resulten das peticións de novas incorporacións e de actualización de méritos.
Aparte da publicación das prazas ofertadas e dos preseleccionados na OPAX os mércores as 13:00 horas, os preseleccionados reciban un aviso por SMS.
Novidades no cesamento de interinos no caso de traballar dou ou mais do mesmo corpo nun mesmo órgano ou oficina:
A) As persoas que non
formen parte das respectivas bolsas cesarán con preferencia ás integrantes
das ditas bolsas.
B) As persoas que
formen parte das bolsas doutro corpo cesarán con preferencia ás integrantes
das do mesmo corpo.
C) As persoas que
formen parte das bolsas do mesmo corpo pero doutra provincia cesarán con
preferencias ás persoas integrantes da bolsa da provincia correspondente.
D) Se hai
funcionarios/as interinos/as que leven máis de 18 meses traballando no
mesmo órgano, cesará quen leve un tempo superior.
E) Se non hai ningún
funcionario/a interino/a que leve máis de 18 meses traballando no mesmo
órgano, cesará quen leve un tempo inferior.
F) En caso de
producirse un empate na aplicación dos criterios anteriores, cesará a persoa
que teña peor posición na bolsa no momento do cese.
Novidades en canto na situación que quedan os funcionarios internos cesados:
As persoas integrantes da bolsa non perderán a posición que en cada momento lle corresponda nela ata que prestasen servizos durante un ano. Mentres isto non ocorra, retornarán á posición que lles corresponda na bolsa de acordo coa súa puntuación.
As persoas
integrantes da bolsa que prestasen servizos durante un ano pasarán a ocupar
aúltima posición na bolsa durante seis meses ao remate do nomeamento. Transcorridos os seis meses volverán automaticamente á posición que
lles corresponda na bolsa de acordo coa súa puntuación.
Deixámosvos o borrador para que o poidades examinar.