miércoles, 17 de abril de 2024

Simulacros de incendios e de evacuacións na provincia de Pontevedra: solicitude da Xunta de Persoal.

A Xunta de Persoal a través do seu presidente presentou escrito ante a DXX solicitando un simulacro de incendios e evacuación nos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra nos que aínda non realizasen ningún (actualmente son practicamente todos).

A provincia de Pontevedra conta con máis de 100 oficinas xudiciais entre: xulgados, tribunais, audiencias, fiscalías, servizos comúns, xulgados de paz etc. A pesar do número e do volume de persoas que acoden a eles, levan anos sen realizar simulacros de incendios e evacuacións nos mesmos. en moitos nunc se fixo, o próximo será na Cidade da Xustiza de Vigo previsto para este ano 2024.

Desde STAJ apoiamos firmente o solicitado debido a que nos parece unha necesidade dotar aos traballadores de formación adecuada en materia de protección e por iso é imperativo a realización dos simulacros de incendios e evacuación para que nos casos de emerxencia póidase evacuar o inmoble de forma rápida, áxil e segura.

Compartimos tamén o criterio da Xunta de Persoal cando indican que a Administración tivo tempo máis que dabondo para proceder a formar aos traballadores/as e para organizar simulacros nos centros de traballo. 

Polo tanto, entendemos que non hai excusas que impidan o solicitado e que se proceda a dar inicio os trámites para que nun tempo o máis breve posible, realícense os simulacros de incendios e evacuación nas poboacións onde non se fixeron, así como que se inicie unha formación real a os traballadores/as, de tal forma que estean preparados no caso de ser necesario.

Deixámosvos a nota informativa.

Nota informativa X.P.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras