miércoles, 17 de abril de 2024

Complemento por obxectivos para os Xulgados de Violencia do 2023

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de comunicarnos a actualización dos Xulgados que perciben o  complemento para o persoal funcionario que tivese o seu destino nos centros de traballo con competencias en materia de violencia sobre a muller, 

A normativa xa recollía que  percibirán un complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual segundo a seguinte clasificación. :

a) Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller (en Galicia son os da Coruña e Vigo).

b) Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, do resto das cidades galegas (Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra). Actualmente existen 5 xulgados de instrución con estas características:

·      Xulgado de Instrución núm. 2 de Ferrol

·      Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago de Compostela

·      Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo

·      Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense

·      Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra

c) Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis dilixencias en materia de violencia sobre a muller.

 Na estatísca  correspondente do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre os datos do ano 2023 constátase que cumpren o criterio establecido na cláusula 6.c do Acordo os seguintes xulgados de primeira instancia e instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller:

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Betanzos

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Carballo

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Noia

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Ribeira

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Monforte de Lemos

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Viveiro

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cangas

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 do Carballiño

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Marín

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 do Porriño

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Redondela

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3  de Vilagarcía de Arousa

Polo que dous novos xulgados pasan a cumprir o requisito da cláusula 6.c, e cobrarán o devandito complemento con efectos económicos dende o 01.01.2024:

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis (23002405)

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes (23001158)

E deixa de cumprir este requisito, finalizando a asignación, con data do 31.12.2023:

·      Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Verín (23001384)

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras