No día de onte publicouse na Intranet o Reforzo da AXE para os órganos xudiciais. O primeiro luns de cada mes impartiranse sesións en liña para reforzar os coñecementos sobre a Administración Xudicial Electrónica (AXE) e repasar boas prácticas no eido do expediente xudicial electrónico.
As sesións terán lugar en formato de videoaula en directo con 2 horas de duración. As convocatorias son por provincias e teñen lugar o primeiro luns de cada mes, salvo que esa data coincida con período vacacional, para facilitar a asistencia.
De xeito complementario, tamén está dispoñible na Plataforma de Teleformación, a actividade de autorrealización en liña "Reforzo AXE 2023/2024". Estará dispoñible a partir do 06/11/2024.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras