A Xunta de Galicia, a través de AXA Seguros Generales
S.A. de Seguros y Reaseguros, e coa mediación de AON Iberia Correduría de
Seguros y Reaseguros S.A., ten contratada dende o 1 de xullo de 2023 unha póliza
de accidentes para o persoal ó seu servizo, coas coberturas que máis abaixo se
salientan.
O custo da mesma é soportado integramente pola Xunta de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública) e, polo tanto, é de carácter gratuíto para o seu persoal. A continuación detállanse as súas características.
Este seguro ten por obxecto a cobertura das enfermidades profesionais ou accidentes que poida sufrir o colectivo asegurado tanto durante o exercicio das súas ocupacións profesionais, como fóra do traballo, en calquera parte do mundo.
Garantías e capitais:
-Falecemento por accidente: 49.000.-€
-Gran Invalidez, Incapacidade Permanente Absoluta,
Incapacidade Permanente Total por accidente: 49.000.-€
-Incapacidade
Permanente Parcial: Baremada cun máximo 49.000.-€
Independentemente do anterior, o persoal da administración autonómica pode unilateralmente ampliar coberturas desta póliza de accidentes, subscribir unha póliza de vida ou ambas.
Ampliación da póliza de Accidentes
Para complementar as garantías anteriores, é posible unha ampliación dos capitais asegurados.
Se poderá incrementar o capital asegurado exposto
anteriormente ata un máximo de 240.000 €.
Custo para cada persoa
que o subscriba: 4,26 € ó ano por cada 6.000 € de capital adicional asegurado
Póliza de Vida
Ademais, pódese contratar un seguro de vida en
condicións vantaxosas.
Este seguro colectivo de adhesión voluntaria outorga
cobertura ó risco de falecemento do asegurado, producido por calquera causa e
en calquera lugar.
O Capital asegurado desta póliza ten un importe máximo
de 300.000 € salvo autorización expresa de AXA.
As garantías que se cubrirían baixo esta póliza
voluntaria (vida) serian:
- Seguro principal de falecemento (calquera causa), ata 300.000 €
- Incapacidade Absoluta ou Gran Invalidez, ata 300.000
€
VER SEGURO DE ACCIDENTES