A Xunta iniciará en agosto as obras de
mellora na Cidade da Xustiza de Vigo, segundo acordaron nunha xuntanza o
director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o xuíz decano de Vigo, Germán
Serrano. A maiores das actuacións previstas, decidiuse habilitar un despacho no
xulgado de garda para o Colexio de Avogados para que estes profesionais poidan
entrevistarse de xeito reservado cos seus clientes antes da declaración.
Entre as melloras que se van acometer o
vindeiro mes figuran accións relacionadas coa acústica das salas. Así, vaise
proceder á instalación de estores e ao tapizado das cadeiras na sala de vistas
do xurado para evitar a reverberación. Iniciarase tamén un estudo da acústica
da sala de vistas do Xulgado de Instancia número tres.
Por outra banda, instalarase unha dobre
porta para unha maior protección do vento e da chuvia, así como unha tarima no
acceso para igualar o chan e estores nas ventás que non dispoñan deles. A
maiores, vanse ampliar a sala de vistas das seccións da Audiencia Provincial e
outra sala igual para a súa asignación aos xulgados do Penal, con habilitación
de entrada para as persoas detidas polo corredor interior de seguridade.
Unha vez mais constátase que os esquecidos da Cidade da Xustiza de Vigo
son os funcionarios xudiciais.
No seu momento STAJ solicitou que se fixese na planta 19 un OFFICE para atender ás necesidades de
todos aqueles que por conciliación familiar
víanse na obrigación de prolongar o seu horario laboral, non se concedeu, xa
está amoblado con cadeiras de brazos e sofás.
Visto o anterior STAJ solicitou o
espazo destinado á biblioteca, xa contrataron o mobiliario segun a noticia publicada , supoñemos que
serán andeis e polo tanto non teremos de dispor dun local para uso dos funcionarios xudiciais.
Tapizaránse as cadeiras das salas de vistas do xurado para evitar a REVERBERACIÓN, pero non se fala da reverberación das oficinas xudiciais a pesar
de que xa o solicitamos co traslado dos primeiros órganos xudiciais despois de falar inclusive co arquitecto.
Como vemos as melloras van dirixidas ao coléxio de avogados, salas de vistas, policía, profesionais dos médios de comuniación e para o colectivo de funcionarios pese a todas as reclamacións como moito uns estores que xa deberían de estar colocados desde o inicio do traslado.