jueves, 4 de mayo de 2023

Xa hai proposta económica a xuíces e fiscais. A nós tócanos pelexar.

Onte coñecemos a cantidade que, xa de entrada, lle ofrecen os Ministerios de Xustiza e de Facenda a xuíces e fiscais, 44,5 millóns de euros, o que sale case 500 euros ao mes nas 12 pagas, cantidade que non os satisface.

Podemos asegurar que lles darán máis a xuíces e fiscais porque aos LAJ non só lles deron 450 euros ao mes:

- Levaron tamén 195 o ano pasado.

- A carreira profesional que vai ser mellor que a nosa.

- A mellora nas substitucións que fan entre titulares.

- A mellora na  productividade.

Como vedes moito máis dos 450, non levaron os 1.100 que din que pedían pero, cando estea todo en marcha, pouco lle faltara para alcanzar esa cantidade, e claro, os xuíces e fiscais queren que a súa suba sexa superior á dos LAJ.

E moi probable que aos xuices e fiscais llo den, volven a reunirse o luns, ademáis dunha suba directa dende xaneiro deste ano:

-      A carreira profesional.

-      Melloras nas substitucións.

-      Maior productividade.

Pero piden tamén cobrar mais polas gardas, din que non poden cobrar o mesmo que os auxilios. Se se produce unha suba nas retribucións por gardas para xuices e fiscias, os letrados saben que tamén se verán beneficiados, por eso agora din apoiar as reivindiciacións retributivas de xuíces e fiscais…. Los letrados judiciales piden a Llop que suba el sueldo también a jueces y fiscales para evitar la huelga

Con estas prespectivas, sen ofrecer nada aos Corpos Xerais, nin aos Especiais nin aos Médicos Forenses a desproporción de retribucións entre os distintos corpos que dependemos da Administración de Xustiza e traballamos nas mesmas oficinas, é brutal, sen parangón en ningunha outra Administración.

Realmente alguén pode asumir esta burla como se nada pasase, sen inténtalo siquera?

Xa está claro que non nos van dar nada polas boas, pero nada.

Ten que ser agora, como o deixemos pasar olvidemonos para sempre, despois solo quedará o lamento.

 REACCIONA XA, TAMÉN VAI CONTIGO!!

 NON HAI OUTRA SOLUCIÓN, ÚNETE A FOLGA!!


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras