Hoxe as 11 da mañán reunese a Mesa de Retribucións de xuíces e fiscais,
composta polas asociacións de ámbolos corpos mais o Ministerio de Xustiza e o
Ministero de Facenda e Función Pública.
Cremos que pode realizarse unha oferta económica, descoñecemos a cantidades e conceptos, que mellore os salarios de xuíces e fiscais, e si esto se produce seria un desprezo absoluto aos corpos xerais e aos médicos forenses, xa que na reunión da semana pasada co Comité de Folga nos dixeron que non tiñan cartos e que en Facenda se temían que si nos ofrecían unha subida salarial a nós, podería producirse un efecto cascada no resto da Administración Xeral do Estado.
Ese mesmo efecto cascada, que agora temen, non o tiveron en conta cando lle subiron as Letrados e parece, si se confirma a oferta a xuíces e fiscais, que tampouco lles preocupa no caso de suba salarial a xuíces e fiscais.
Si ao final se produce esta nova humillación debemos loitar con tódadas as forzas e con tódalas armas, para que se nos recoñeza como Corpos da Administración de Xustiza, para que se nos recoñeza o noso traballo e se nos trate coa dignidad que merecemos. Non podemos permitir que haxa para uns corpos e non para outros, cando uns e outros traballamos para a mesma Administración e nas mesmas oficinas.
Informarémosvos puntualmente do resultado desa reunión.