martes, 16 de mayo de 2023

Publicación no DOG da modificación da Orde dos Servizos Mínimos

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 15 de maio de 2023, pola que se modifica a Orde do 2 de maio de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga xeral os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia, que pasa a ser indefinida a partir do día 22 de maio de 2023. 

A convocatoria de folga, que afectará ao persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, en todos os centros de traballo, desenvolverase os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023, a partir das 00.00 horas ata as 23.59 horas de cada un dos días, e pasará a ser indefinida a partir das 00.00 horas do día 22 de maio de 2023, de luns a venres, salvo festivos. 

Esta convocatoria de folga enténdese condicionada ao mantenemento dos servizos mínimos que se establecen no anexo, os cales serán prestados en todo caso de forma presencial. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras