jueves, 18 de mayo de 2023

Eleccións sindicais. Voto por correo.

O próximo dia 20 de xuño celebraranse as eleccións sindicais na Administración de Xustiza nas catro povincias galegas, salvo incidencias e útima hora.

Se non vas poder votar presencialmente, podes facelo por correo, o prazo para solicitalo xa esta´aberto e prolongase ata o 12 de xuño, si xa sabes que non vas estar e votar na mesa que che corresponda, reomendámosche que o solicites canto antes.

O proceso comenza co envio da solicitude (deixamos modelo abaixo) que debes remitir por correo certificado a Mesa Electoral Cordinadora das eleccións Sindicais da Administración de Xustiza da provincia onde debes votar (  a dirección onde mandala é a da Delegación Provincial ou Servizo de Xustiza da túa provincia, deixamos abaixo as catro direccións), nesa solicitude debe poñer a dirección onde queres recibir as papeletas para facer efectivo o voto.

Despois de recibir as papeletas coas distintas candidaturas que se presentesn as eleccións, debes meter á que decidas votar nun sobre pequeno que che mandan e cerralo, e ese sobre pequeno metelo noutro mais grande, xunto cunha fotocopia do DNI para que conste a identificación do votante. Ese sobre grande ( no que vai o voto e a fotocopia do DNI) debese remitir por correo certificado de novo a Mesa Coordinadora das Eleccións Sindicais na Adminsitración de Xustiza, como xa dixemos, antes do día 12 de xuño.

SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO

Deixamos as catro direccións, onde enviar a solicitude do voto e o voto por correo, dirixidas ambas a Mesa Coordinadora Electoral da túa provincia, NON a Delegacion nin ao Servizo de Xustiza:

A CORUÑA:  Rúa Vicente Ferrer, 2- Edificio Administrativo Monelos - 15008 A Coruña.

LUGO: Edificio Administrativo Xuta de Galicia, Ronda da Muralla s/n- 27071 Lugo

PONTEVEDRA:  Rua Concepción Areal nº 8, 4º andar, 36201-Vigo. 

OURENSE: Avda. da Habana 79-1º- 32004 Ourense.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras