Xa se terminou a mudanza á nova Cidade da Xustiza de Vigo, e esta era unha data onde se esperaba que sucedesen moitas cousas, pero polo agora
ningunha. Cada vez que poñiamos en coñecemento da DXX ou ben de Xefatura territorial unha circunstancia que precisaba arranxo, coma se dun mantra se tratase contestábannos “unha vez que se termine a mudanza”
Con ánimo de lembrar algunhas
promesas, enumeraremos unhas cantas.
Os estores seguen sen instalarse,
despois do primeiro revestido con papel de estraza, instaláronse uns sen dobre fondo que xa obrigaron a empapelar de novo pois non é imposible traballar. Estamos a mediados de abril e hoxe espéranse temperaturas superiores aos 26 graos.
O local do xulgado de garda
merece un capítulo aparte. Durante a fin de semana e os festivos non se pode
acceder ao anexo co cal os únicos servizos que poden utilizar todos os que
acoden ao mesmo atópanse dentro das propias oficinas onde desenvolven o seu
labor os funcionarios. Así cando os acompañantes ou familiares están aburridos
danse un paseíto polo interior das dependencias xudiciais ou buscan un bar nunha rúa próxima.
Por se fose pouco tamén dentro das instalacións está a sala de espera dos abogados ca sua mesita redonda e unha oficina para a ligazón da policía nacional, por certo, o da policía local aínda non dispón de sitio, Deus proverá.
Todo o anterior, non cabe dúbida, xera un certo ambiente con persoas
entrando, saíndo, paseando, aínda que non creo que axude moito a desenvolver o
seu labor aos funcionarios que están de garda.