Hoxe publícase no DOG a Orde de servizos mínimos pola folga á que está chamadostodo o persoal de xustiza.
Considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:
1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e do Instituto de Medicina Legal.
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras.
4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.
5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza será rexistral, e inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios...
6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a tramitación daqueles expedientes en que venza un prazo perentorio e improrrogable e aquelas actuacións en que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada por un precepto legal ou polos bens xurídicos en xogo.
Artigo 1
A convocatoria de folga, que afectará o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que se iniciará o vindeiro día 17 de abril de 2023 e que se estenderá desde a dita data con carácter indefinido en todos os centros de traballo da Administración de xustiza en Galicia, con paros parciais das 10.00 ás 13.00 horas todos os días, de luns a venres, salvo festivos e exceptuando o día 19 de abril de 2023, en que se iniciará a partir das 00.00 horas e finalizará ás 23.59 horas dese mesmo día, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen no anexo, e que son os seguintes:
1. Tribunal Superior de Xustiza
1.1. Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas seccións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.
1.2. Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas seccións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.
1.3. Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
1.4. Oficina de Rexistro e Repartición do Tribunal Superior de Xustiza
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
1.5. Secretaría de Goberno
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
2. Audiencias provinciais
2.1. Seccións civís das audiencias provinciais
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada unha das respectivas seccións, e 1 funcionario/a de auxilio por cada 2 seccións ou fracción.
2.2. Seccións penais e mixtas das audiencias provinciais
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio por cada unha das respectivas seccións.
2.3. Oficinas de rexistro e repartición das audiencias provinciais
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
3. Xulgados
3.1. Xulgados que actúen de garda
Terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente
3.2. Rexistros civís exclusivos
– 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para a sección de defuncións, e 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para o resto das funcións do rexistro.
3.3. Xulgados de primeira instancia
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de familia, 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de rexistro civil,
1 xestor/a e 1 tramitador/a.
3.4. Xulgados do mercantil (exclusivos)
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.5. Xulgados de instrución
– Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
– No resto de xulgados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
– Nos xulgados con competencias en materia de violencia sobre a muller a dotación será: 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.6. Xulgados do penal
– 1 xestor/a e 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.7. Xulgado de menores
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
3.8. Xulgados do contencioso-administrativo
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.9. Xulgados do social
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.10. Xulgado de vixilancia penitenciaria
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.11. Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.12. Xulgados de primeira instancia e instrución de cada localidade
Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
No resto do xulgados:
– En localidades con 2 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio compartido co xulgado de garda.
– En localidades con 3 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio compartido para os 2 xulgados que non estean de garda.
– En localidades con 4 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio para os 3 xulgados que non estean de garda.
4. Servizos
4.1. Oficinas de rexistro e repartición dos decanatos
– A Coruña e Vigo: 3 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.
– Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra: 2 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.
– Ferrol e Lugo: 1 de xestión ou 1 de tramitación, e 1 auxilio.
– Nos decanatos dos xulgados de primeira instancia e instrución que realizan as ditas funcións: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
4.2. Servizos comúns de atención á cidadanía e á vítima
– 1 de xestión ou 1 de tramitación
4.3. Servizos comúns de actos de comunicación e execución
– 1 de xestión, 1 de tramitación e 1 auxilio.
5. Fiscalías
Ademais do persoal que lle corresponda ao servizo de garda:
– Fiscalía da Comunidade Autónoma: 1 xestor/a ou tramitador/a, e 1 auxilio.
– Fiscalías provinciais: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio e, a maiores, 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para a Fiscalía de Menores.
– Fiscalías de área: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio.
– Seccións territoriais da Fiscalía: 1 funcionario/a.
6. Instituto de Medicina Legal de Galicia
– En cada subdirección do Imelga: o equipo do persoal que presta o servizo de garda e 1 tramitador/a.
7. Xulgados de paz
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras