PARALIZACIÓN DA LOEO, FUNCIÓNS CLARAS, ADECUACIÓN SALARIAL
FOLGA EN GALICIA: QUEREMOS UNHA FOLGA EFECTIVA, NON CONFLITIVA
A folga levada a cabo non 2018 na Comunidade Autónoma de Galicia deixou malos recordos, entre outras cousas pola falta de entendemento entre sindicatos e tales desacordos non se poden repetir. O noso conflito é co Ministerio, non entre nós, e nese obxectivo imos poñer todo o necesario para que non volvan a suceder feitos que só conducen á desmobilización e á desunión.
A folga que comezamos o próximo 17 de abril é a nivel nacional, polo que as mobilizacións máis contundentes terán lugar en Madrid, non tanto en Galicia ou no resto de Comunidades Autónomas. Tampouco é unha folga a xornada completa, é só entre as 10 e as 13 horas, e iso tamén nos obriga a adaptar as mobilizacións.
Dos erros se aprende e por iso, a diferencia do ocorrido no 2018:
− NON SE VAN FACER ASAMBLEAS. Pasarémosvos a información a través do nosos blogs, por email, por whatsapp e directamente no voso posto de traballo, dándovos todas as explicacións e aclaracións que sexan necesarias. Pedímosvos que leades as notas porque a información é decisiva.
− NON IMOS ENTRAR EN CONTIENDA DE RÉPLICAS E CONTRARRÉPLICAS COS SINDICATOS NON CONVOCANTES, cada un que explique o que considere sobre a súa posición.
− NON SE VAI A REALIZAR NINGÚN TIPO DE PRESIÓN PARA SECUNDAR A FOLGA, cada un debe decidir optar por secundar ou non, en liberdade, valorando o seu propio interese.
− NON SE VAI A REALIZAR RECONTO DIARIO DO SEGUIMENTO NOS XULGADOS, pero si estaremos polas oficinas a diario para solucionar os problemas que xurdan.
− AS MOBILIZACIÓNS QUEDARÁN REDUCIDAS A CONCENTRACIÓNS DIANTE DAS SEDES XUDICIAIS, nas sete cidades de Galicia e en algunhas Vilas, co gallo de manter vivo o conflito nos medios.
E NON O ESQUEZADES, NON É SÓ UNHA REIVINDICACIÓN SALARIAL, O NOSO FUTURO LABORAL ESTÁ EN XOGO POR CAUSA DUNHA REFORMA ORGANIZATIVA DA XUSTIZA QUE NOS NINGUNEA COMO COLECTIVO E QUE SUPRIME BOA PARTE DOSOS NOSOS DEREITOS. NESTE CONTEXTO A FOLGA É A FERRAMENTA DE PRESIÓN E DE LOITA MÁIS IMPORTANTE E EFECTIVA QUE TEMOS OS TRABALLADORES E AS TRABALLADORAS, E NON IMOS RENUNCIAR A ELA PORQUE QUEDARÍAMOS INDEFENSOS, POR ISO:
NON O DUBIDES, ES NECESARI@, É O MOMENTO
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras