jueves, 20 de abril de 2023

Convocatoria Comisións de Servizo: Oferta de prazas

Hoxe tanto na intranet coma na páxina web da Consellería https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo publícase a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

Prazo de solicitudes telemáticas:  5 días hábiles a partir do día seguinte a esta publicación.

Forma de cumprimentar a solicitude: obrigatoriamente a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

Documentación a adxuntar:

a) Informe preceptivo e non vinculante da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade en que se atope destinado o/a funcionario/a solicitante.

Informe-favorable-comision-de-servicio.docx

b) Informe favorable do Ministerio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma, no caso dos solicitantes con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Solicitud-comision-administración.doc

A continuación o enlace que accede as prazas ofertadas: resolucion-comisions-servizo.pdf




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras