No DOG de hoxe publicase a RESOLUCIÓN
do 11 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística,
pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos
certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023, que foron
convocadas mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2023 (código de
procedemento PL500C).
Hora comezo probas: 9:00
horas polo que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lles
corresponda con antelación suficiente.
Listaxes de admitidos para
cada nivel e localidade, porta de acceso ao centro e mais aula para proba
escrita: Na web da Secretaría Xeral de Política
Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias
).
Datas: – Celga
4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
13 de maio de 2023, para as
persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes
letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
14 de maio de 2023, para as
persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes
letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
– Celga 3, en Santiago de
Compostela e en Ponferrada:
20 de maio de 2023, para todas as
persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de
Compostela e en Ponferrada:
21 de maio de 2023, para todas as
persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de
Compostela:
3 de xuño de 2023, para todas as
persoas admitidas.
Centros de realización das
probas serán:
– En Santiago de Compostela:
o IES Antonio Fraguas Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de
Administración Pública (Celga 1).
– En Ponferrada: a Escola
Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).