A folga convocada na Administración de Xustiza en Galicia concrétase en paros diarios de tres horas de 10 a 13 horas da mañá, iso significa que ninguén pode parar máis de tres horas, nin fóra desa franxa, se quere verse amparado polo dereito de folga e a convocatoria da mesma.
Hai resolucións xudiciais, que a Xunta coñece e parece que non quere respetar, que declaran legais os paros inferiores ao período máximo estipulado na convocatoria e que o desconto debe ser igual ao tempo deixado de traballar non ao período de tempo máximo do paro convocado polos sindicatos.
Pois a pesar de que o dereito a folga pódese exercer dentro do horario por tempo inferior con descontos equivalentes a ese tempo, a DXX di que lle constan onte paros menores as tres horas convocadas, e amparándose non Cixtec, informa que a convocatoria de folga indicada no preaviso inclúe paros parciais de 10 a 13 h ou ben paros de xornada completa, polo que tódolos paros rexistrados nese período, ainda por tempo menor ás 3 h, serán descontados de acordo coa convocatoria de folga, é dicir, 3 horas.
Desde STAJ consideramos co desconto debe ser polo tempo real no que un faga a folga, pero como este é o criterio dá Xunta, para evitar ter que recorrer o desconto efectuado en nómina, a nosa recomendación é que a folga sexa por tres horas, non por menos.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras