miércoles, 15 de marzo de 2023

Substitucións entre titulares. Novos avisos de desocupación

Saíu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

PRAZO DE SOLICITUDES:

 O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

Modelo de solicitude: Anexo II
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX , ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes faranse conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.



ver resolución


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras