lunes, 13 de marzo de 2023

Pasarela esvaradiza na Parda. STAJ pide solución urxente

Hoxe mandamos mail a delegación de Vigo e presentamos escrito no Decanato de Pontevedra co seguinte texto:

ENRIQUE ARAUJO MARTINEZ, delegado de personal do Sindicato de Traballadores/as da Administración de Xustiza (STAJ) na provincia de Pontevedra.

Con este escrito quero poñer no seu coñecemento que na pasarela pola que se accede do edificio vello ao novo, e viceversa, na sede xudicial de A Parda, estanse a producir, cada vez de xeito máis frecuente, escorregamentos que rematan en caídas, tanto de funcionarios como de profesionales que utilizan ese a paso para  desplazarse dun edificio a outro,.

Entendemos que a causa principal e a perda de adhesión que está a sufrir o chan do pasadizo polo uso e desgaste do mesmo, xa que que estes indicentes están a aumentar co paso do tempo.

Quero puntualizar que os escorregamentos prodúcense, sobre todo, na parte inclinada do acceso, e que se acentúan as días de choiva, por mor da humidade que deixan as solas dos calzado dos viandantes e pola condensación, que nesta clase de  infraestructuras con laterales de cristal e expostas a  grandes variacións de temperatura, e moito mais intensa.

Aínda no tivemos que lamentar sucesos de gravidade, de momento foron caídas que non pruduxeron lesións, pero non sería razoable esperar a que eso ocurra para solucionar o problema, e agora que están enterados do que sucede e da súa potencial peligrosidade, deben actuar axiña.

Tralo o exposto, SOLICITO,  que  canto ante se realicen na pasarela de A Parda as actuacións necesarias para que se o chan dese acceso elevado non esvare ao paso da xente, para que se poida camiñar por ela sen o risco  de caída e se elimine o risco de  producir lesións graves.

Ver escrito presentado no Decanato



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras